3ºESO
O sector primario
Aquí vos deixo a presentación sobre o sector primario. Lembrade que para estudar de cara ao segundo parcial desta avaliación deberdes complementalo con algúns apartados do libre e esquemas dos vosos cadernos.
Resumo do sector primario
Aquí vos deixo o resumo para que poidades estudar. Tamén o podedes coller na fotocopiadora do centro.
Moito ánimo!!!
Cuestionario (Sector primario)
Aquí vos deixo o cuestionario para que vaiades preparando a primeira unidade que entra na proba que faremos nas vindeiras semanas.
TAREFA!!! (Sector primario)
Procura información sobre a revolución verde e biotecnolóxica. Defineas e fai unha valoración persoal das mesmas.
O formato, como xa comentamos, debe ser interlineado dobre, e letra Arial 12. A extensión deber andar sobre as 300 palabras. Lembrade indicar as fontes de onde obtivestes a información.
O límite para a entrega é o venres 11 de novembro, ás 23:55h. Que non se vos pase!!!
Tarefa!!! (Sector primario)
Procura información sobre as seguintes casas tradicionais en España:
- Caserío.
- Cortijo.
- Masía.
- Pazo.
Indica a rexión da que son propias, os materiais de construción e a súa estrutura. Inclúe unha imaxe de cada unha delas.
O formato debe ser o mesmo que o da tarefa anterior. Neste caso non hai un límite de extensión, pero procurade ser breves e claros.
Moito ánimo!!!
Tarefa!!! (Sector secundario)
Déixovos os modelos de táboa que debedes completar sobre as enerxías tradicionais e alternativas.
Táboa enerxías alternativas.pdf (31070)
Táboa enerxías tradicionais.pdf (32780)